O XI Festival Singular leva 12 monólogos teatrais a Narón

O encontro desenvólvese entre o 6 ao 29 de marzo con dúas estreas galegas e dúas estatais no programa

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:
O XI Festival Singular leva 12 monólogos teatrais a Narón

Un total de doce espectáculos e oito actividades paralelas compoñen o programa do XI Festival Singular. O encontro dedicado ao monólogo teatral desenvólvese en Narón entre os días 6 e 29 de marzo a achegar dúas estreas galegas e dúas estatais e coa participación de sete compañías do país e dúas internacionais.

El hijo de la cómica, da compañía Pentación e con José Sacristán, é unha das estreas a nivel galego canda a Sahara, la barca del desierto, da compañía canaria Unahoramenos. Ser humana, da actriz e dramaturga uruguaia Angie Oña; e mais a montaxe Girasoles para María, da compañía da creadora cubana Gretel Cazón conforman as estreas estatais desta xeira. 

 

A estas súmanse as montaxes Bailar agora, de Marta Alonso Tejada, Esperta o rinoceronte de Nao Caracola, e As aventuras de Mariña da man de Alba Bermúdez. Anabel Alonso protagonizará La mujer rota de LaZona Teatro, Estrafalaria, con Atenea García, Chegar e encher, da man de Bea Campos, Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, con Mariña Lestón e Canta, buguina, canta de Marta Ortiz completan as propostas escénicas do festival.

 

A estas súmanse tres accións formativas da man de Noemí Rodríguez, Esther Carrodeguas e Angie Oña, un encontro arredor dos festivais internacionais de artes escénicas e unha rolda contactos entre axentes de xestión cultural e compañías galegas.  De xeito paralelo, o evento acollerá unha asemblea da Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas, REDELAE.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narón, Artes Escénicas, Esther Carrodeguas, Atenea García...