A Coruña acolle a quinta edición do Festival Galego de Cabaré

A cita desenvólvese do 15 ao 23 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Coruña acolle a quinta edición do Festival Galego de Cabaré

É o único espectáculo destas características que se desenvolve en todo o Estado Español que sirve para dar conta dos espectáculos a medio camiño entre o teatro musical e a danza, mesturado con moito humor, provocación e irreverencia. A Coruña acollerá do 15 ao 23 de outubro a V edición do Festival Galego de Cabaré con intervencións na rúa, espectáculos en bares e teatro. O festival celebra ademais o quinto aniversario de Femme Fatale, a compañía que promove o encontro e que naceu ao abeiro desta proposta que comezou en Oleiros e logo se trasladou a Pontevedra.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, A Coruña, Teatro, Danza...