Imaxe de Femme Fatale, compañÃa organizadora do Festival de Cabaré
Unha gran Mani-Festa-Acción irreverente con forma de cabaré imaxinario servirá de presentación e acción reclamo da sétima edición do Festival Galego de Cabaré (24 de outubro). Unha cita que seguirá a desenvolverse na Coruña, do 23 ao 28 de outubro e que este ano pretende fomentar a fórmula do café cantante. De feito, nunha nota remitida pola compañÃa organizadora da cita, Femme Fatale, destaca o carácter musical desta edición con espectáculos como
Cabraret”, de Iria Piñeiro, Alonso Caxade ou Alberto RodrÃguez,
Faraoas de Tirita Produccións, bandas como
Rockers go to Hell,
Micky Nervio & Bluesmakers, a
DixieLand Troupe ou a orquesta “Os Modernos”. A redución orzamentaria desta edición elimina os espectáculos de gran formato e as propostas aéreas de cabaré con compañÃas catalás como
Sacude ou
Capicúa inicialmente programadas.