Do 29 de xullo ao 1 de agosto Pontevedra acolle Cabaré Cabaré! primeiro programa dedicado a esta disciplina na cidade. No programa, que coordina Nelson Quinteiro Producións, mestúranse actuacións musicais con espectáculos deste xénero. A Praza da Ferrería acolle cada día ás 22 horas unha das propostas do programa, que abre coa música e o humor das Antonias Band. Menil Swing e o seu son manouche o día 30, e unha Gala de cabaré berlinés o sábado 31, a recuperar os números clásicos desta arte, fan tamén parte do ciclo.
Como grande novidade, o programa achega na noite do 1 de agosto a estrea da nova proposta de Nelson Quinteiro producións. Fala-Me. Galician Trad Cabaré é unha montaxe na que se mesturan, por vez primeira, xéneros como "o cabaré, a foliada, o musical ou mesmo a zarzuela" nunha orixinal proposta. Sobre o escenario Quinteiro "lévanos a un salón de baile galego dos anos 30 no que acontecen cousas tan galegas como a regueifa, o parrafeo, o serán, o torreiro, a danza e contradanza nunha atmósfera canalla, sensual, provocadora e moi moi fetichista".
Canda a el, están presentes nesta produción Álvaro Cardalda, Brais González, Iago Prieto e Xan Pérez a levar a música ao vivo e mais Iván Villar, María Cordeiro, Laura Casas, Yohel Santos e Iria Pinheiro como bailaríns e cabareteiros.