O coreógrafo Guillermo Weikert participará no III Festival Galego de Cabaré

A Coruña recolle o testemuño deste certame nado en Oleiros hai tres anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O coreógrafo Guillermo Weikert participará no III Festival Galego de Cabaré

Comezou en Oleiros, trasladouse despois a Pontevedra e cumprirá tres anos na Coruña. Falamos do Festival Galego de Cabaré que este ano se celebrará nun dos escenarios máis emblemáticos da cidade, o Teatro Rosalía. A cita seguirá fiel ao seu formato orixinal e mesturará o aspecto formativo co divulgativo e mais cos diferentes espectáculos que se celebrarán en rúas, bares e teatros. Entre os asistentes a esta edición destaca o bailarín e coreógrafo Guillermo Weikert, un creador formado no Centro Andaluz de Danza que ten desenvolvido performances en diferentes compañías europeas.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oleiros, A Coruña, Teatro, Danza...

Claves

Conceptos