A Coruña recolle o testemuño prestado por Pontevedra e Ourense e convertirase durante este mes de setembro na referencia do cabaré. O terceiro festival deste xénero que combina danza, teatro e música chega á cidade herculina esta semana cunha exposición; baixo o tÃtulo de Expocabaré 08 recóllese o que deron de si as outras edicións e ten a peculiaridade que comezará a exhibirse no Forum Metropolitano para ir pasando logo por diferentes espazos herculinos. Pero o núcleo forte da programación comezará o luns 22, cando teñan lugar as grandes actuacións. Na programación destaca a sección Café cantante, que achega o xénero a diferentes locais nocturnos da cidade, e Forum 4, nome que reciben os catro espectáculos que terán lugar no Forum Metropolitano.