Locais, rúas e teatros da Coruña recuperan o xénero do cabaré no III festival galego

O certame desenvolveuse con anterioridade en Oleiros e Pontevedra

23/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Despois de dúas semanas abrindo boca con varias exposicións (fotografía e cartelería) e obradoiros formativos, chega o momento do espectáculo. O apartado máis vistoso do Festival Galego de Cabaré arrinca hoxe e estenderase ata o domingo en catro espazos: no Fórum Metropolitano; en diferentes bares e cafés cos Cafés Cantantes; na rúa co Cabarédeambulante e no Rosalía de Castro. O festival chega á Coruña na súa terceira edición coa intención de recuperar este xénero a medio camiño entre o musical e o espectáculo de variedades.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Espectáculo, Pontevedra, Oleiros...