A Concellaría de Culturas da Coruña presentou a oferta da tempada escénica para todas as idades que se representará no Centro Ágora e no Fórum Metropolitano, e que arrincará o vindeiro sábado 10 de setembro co ciclo Forumáxico centrado no ámbito da ilusión e da maxia. O centro Ágora acollerá os domingos a representación das obras enmarcadas no ciclo Bebescena, dirixido a nenas e nenos de ata 3 anos, o Fórum Metropolitano será o escenario os sábados de setembro do festival Forumáxico, , e a partir do 15 de outubro, de Todo Público, cuxa programación abrangue diversos espectáculos dirixidos a rapazas e rapaces de máis de 3 anos ata a preadolescencia, e que complementará de novo a oferta de lecer na idade escolar.
A programación inclúe obras gañadoras dos premios teatrais de mellor espectáculo en Fetén 2016 ou como candidatas aos Max. A proposta inclúe a representación de espectáculos de compañías galegas e doutras rexións do Estado, como Andalucía, Cantabria ou Madrid. Ademais das propostas anteriores, nos meses de setembro e outubro o Fórum Metropolitano acollerá catro representacións do Circuíto Galego de Teatro Amador.A programación escénica estable en ambos espazos socioculturais completarase cos ciclos Sen Numerar e Ilusiooóh!n, que se presentarán proximamente, e complementará deste modo a ofrecida polo IMCE na cidade xunto ao Teatro Rosalía Castro, que iniciará o Ciclo Principal de Outono na fin de semana do 23 e 24 de setembro.