No vestÃbulo do Forum Metropolitano da Coruña paneis interactivos, BDs e mesmo a posibilidade de os visitantes debuxaren dan a benvida ao mundo dos cómics máis viaxeiros. A biblioteca do Forum expon até 140 tÃtulos de BD dos seus fondos cuxo eixo argumental xira arredor de aventuras polo mundo adiante ou viaxes iniciáticas. Esta iniciativa ten reclamado a atención de lectores non habituais da novena arte, segundo fontes do propio centro.
Obras galegas como Trazo de xiz, Pinche Mundo ou Freda xunto con outras de ilustres autores estranxeiros especializados no xénero, como Cosey ou Guy Delisle, enchen un abano de cadriños exploradores e emigrantes. A iniciativa naceu no contexto da promoción por parte da OMIX local do programa Q t pires, que pretende que os mozos e mozas viaxen e ademais aproveitouse a coincidencia en calendario con Viñetas desde o Atlántico. Por segundo ano consecutivo as bibliotecas municipais teñen caseta no festival, onde folletos e mais os carteis do programa debuxados por LuÃs Sendón darán publicidade a Viñetas on the road, encadrada dentro do programa AC/BD, que se completa con proxeccións de anime (II Xornadas de Anime Mangalego) e concertos de autores de cómic que fan música (I Festival Banda Desghreñada). Os participantes poden pedir un pasaporte e en cada actividade que participen gañarán unha marca. Os que teñan participado en dúas ou máis actividades, que serán todas gratuÃtas, poderán deixar na Sala de Adultos o pasaporte para entraren no sorteo dun lote de BDs valorado en 100 euros.