Un encontro e unha mostra analizan na Coruña os bordes do urbanismo

O Forum Metropolitano acolle O límite da cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Un encontro e unha mostra analizan na Coruña os bordes do urbanismo

Explorar, contando con participación cidadá, as formas de urbanismo difuso que se desenvolven nos bordes das urbes e a interacción entre o rural e o urbano que se dá nesas areas. Este é o obxectivo do proxecto O límite da cidade, que consta dunha exposición xa aberta e dun encontro que se desenvolverá o vindeiro 10 de febreiro no Forum Metropolitano da Coruña. A iniciativa, nada da colaboración entre o colectivo 1aUn e mais os obradoiros TEC, amosa o traballo desenvolvido por diferentes participantes en cursos de fotografía e encontros previos arredor do barrio do Castrillón, que se utiliza como exemplo destes espazos.

O encontro contará coa participación de diferentes profesores e egresados da Escola de Arquitectura da Coruña ademais de sociólogos, arquitectos e economistas.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Fotografía, Arquitectura

Claves

Lugares