O segundo festival Animacción amosa os novos valores do cinema animado

O Fórum Metropolitano acolle mañá dous pases do evento coas entradas esgotadas

21/2/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Fórum Metropolitano da Coruña acolle este xoves 22 a segunda xeira de Animacción, o festival de curtametraxes animadas. A iniciativa, que quere dar a coñecer os novos valores do cinema de animación, proxectará en dous pases, ás 16 e ás 19:45 horas, os traballos finalistas do Concurso de Curtametraxes AnimaAcción 2018. O público será o encargado de seleccionar cos seus votos o gañador entre os 24 filmes seleccionados, chegados de 14 países diferentes. Entre unha sesión e outra, haberá un encontro informal sobre a situación da animación e uns petiscos na sala Plataforma14, onde tamén se pode ver a exposición Graphic JAM organizada por lo colectivo de ilustradores Miñoco. A Asociación Sen Ánimo de Nome, que organiza o evento, anunciou que están xa esgotadas as entradas.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Fórum Metropolitano, Animación

Claves

Conceptos