O III Animacción achega quince traballos internacionais

O festival de curtametraxes de animación da Coruña inicia as súas actividades o 12 de decembro

10/12/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os colectivos Sen Ánimo de Nome e Ánimas Anónimas presentan a terceira xeira de Animacción: Festival de curtametraxes de animación. A Coruña acolle entre o 12 e o 15 de novembro as proxeccións dos quince traballos seleccionados para esta xeira entre o cento de propostas remitidas a concurso. España, Bélxica, Arxentina, Francia, Portugal e os Países Baixos son os lugares de orixe das curtas, que inclúen unha de David Fidalgo, nominado aos Premios Goya por Homomaquia. As proxeccións desenvolveranse o día 12 de decembro na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano, o 13 na Biblioteca Rego de Auga e o 14 no Centro Galego de Artes da Imaxe. O público asistente seleccionará o traballo gañador cos seus votos.

Tamén se prevén sesións na ESAD Pablo Picasso, na Facultade de Comunicación, na Escola de Imaxe e Son. Como actividade complementaria unha mesa redonda con Pablo Zafre e CREA na FNAC o sábado 14 abordará as problemáticas do sector da animación.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, A Coruña, Premios Goya, Centro Galego de Artes da Imaxe...