Marín acollerá o seu primeiro festival de cinema para infancia e mocidade

Infancinemarín celébrase do 5 ao 7 de abril con 42 curtametraxes a concurso

27/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Entre os vindeiros 5 e 7 de abril Marín acolle a primeira edición de Infancinemarín, festival de cinem apara infancia e a mocidade. O evento, organizado pola Asociación Big Ajajai e dirixido polo guionista e cineasta Ángel Manzano, proxectará un total de 42 curtametraxes divididas nas seccións Nautilus, para público de entre 3 e 11 anos, e Sputnik, para espectadores de entre 12 e 16. Ademais dos filmes a concurso, seleccionados entre 300 producións internacionais, o programa inclúe tamén obradoiros de dobraxe e animación stop-motion, concertos de Pulpiño Viascón e Caspervek Trío ou o espectáculo Cinema de historias de Raquel Queizás sobre a pioneira do cinema Alice Guy.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Marín, Raquel Queizás, Animación...