Chega Curtocircuíto con 40 filmes a concurso

Dezanove das producións son estreas en España

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Chega Curtocircuíto con 40 filmes a concurso

Coa xa anunciada presenza de Aki Kaurismäki e o ciclo centrado en Jørgen Leth como principais engados, a nova edición de Curtocircuíto chegará a Compostela entre o 6 e o 11 de outubro vindeiros. O festival de curtas, que se presentaba onte, incorpora este ano espazos como o cinema NUMAX ou o espazo A Unitaria aos xa habituais como o Teatro Principal ou o Centro Galego de Arte Contemporánea. A nivel de filmes, entran a concurso un total de 40 producións entre as 3.270 propostas que chegaron de 93 países. Das proxeccións, 19 serán estreas a nivel estatal. Ademais de filmes, e froito da colaboración co festival WOSINC e co LEV de Xixón, o programa inclúe concertos como os de Moon Duo e Fumaça Preta, e mais obradoiros, un dos cales estará a cargo do cineasta galego Oliver Laxe.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Cine, Oliver Laxe, Teatro...