Este 22 de outubro bota a andar na Coruña a sétima edición do Intersección. O Festival Internacional de Cinema conta nesta xeira cun total de 70 filmes de 13 de paÃses, dos cales 42 competirán nas tres categorÃas a concurso ata o vindeiro 26 de outubro. Dentro destes, inclúense cinco estreas mundiais e oito estatais.
Entre os nomes que participan da competición internacional, atópanse as últimas producións de Nelson Carlos dos Santos Arias, Martin Rejtman, Courtney Stephens, Travis Wilkerson, Sasha Litvintseva & Beny Wagner, Laida Lertxundi, Eva Giolo, Kevin Jerome Everson e MarÃa Cañas. O cinema do noso paÃs conta cunha especial representación, con 19 filmes inscritos na categorÃa Galicia, da man de nomes como Lois Patiño, Xacio Baño, Inés Pintor, Hugo Amoedo e Sabela Eiriz. A Sección Escolas, pola súa banda, reúne cinco tÃtulos de cineastas emerxentes.
Ademais das seccións competitivas, a nova edición inclúe unha retrospectiva do colectivo austrÃaco Total Refusal e a sección Clásicos Modernos, que recuperará producións de Clint Eastwood e Michael Mann. Alfonso Zarauza e o Colectivo Memoria achegarán dúas sesións formativas ao programa.
Ao longo do festival desenvolveranse tamén as actividades do Intersección LAB, que achegará formación e asesoramento para o desenvolvemento de seis novos proxectos audiovisuais, a cargo de Giovanna Lopalco, Joana Moya, Lara e Noa Castro, Laura Alhach, Vicente Vázquez e Xiana do Teixeiro.