Dez estreas mundiais, entre elas a Malencolía de Alfonso Zarauza a abrir as proxeccións, aparecen como puntos fortes da vixésima sexta edición do OUFF. O Festival de Cinema de Ourense inicia este venres 24 a súa nova xeira cun programa que integra 71 produccións audiovisuais, 33 das cales contan con participación galega, 22 curtametraxes, unha serie de televisión e unha webserie.
Na sección oficial, compiten a galega Eles transportan a morte, Benedetta, de Paul Verhoeven, Mediterráneo de Marcel Barrena. Canda a elas, estreas como a mexicana Uzi de Pepe Valle, Pleasure, ou a coreana Nido de Víboras. Listen de Ana Rocha, Playground de Laura Wandel, a turca Mi mejor amigo e La ruleta de la fortuna y la fantasía, Oso de Plata na Berlinale, completan o certame. A estrea Live is life de Dani de la Torre na gala de clausura fechará o programa do festival.
A presenza galega complétase cos filmes que fan parte da sección "Panorama Galicia", que achega as estreas de Acorda, documental sobre a represión franquista na provincia de Pontevedra a través da música, Polavisión, un fallo instantáneo de Álex López, Non hai futuro (OpusV), Os tempos mortos do Führer, El encuentro e Devolvendo o golpe. Fóra de sección tamén se estrea en sesión especial El cuarto de Mona de Darío Autrán. Dentro da sección de Cinema e Literatura chega por vez primeira ás pantallas Quen somos Nós, homenaxe á Xeración Nós dirixida por Simón Casal.
Un documental sobre o cuarto de século de historia do propio festival, proxeccións de filmes recentes que non se puideron ver na cidade, a xa habitual sección sobre cinema e auga, o certame de creación rápida Fas Movies, o certame de curtametraxes ou a sección OUFF Escola son outros dos contidos presentes no programa.
Dentro da listaxe de premios que entrega anualmente o certame, José Coronado recibirá o Premio OUFF Televisión 2021, mentres a actriz portuguesa Leonor Silveira será recoñecida coa Calpurnia de Honra Internacional. Estes galardóns súmanse premios anunciados ao longo dos últimos meses, como son o Premio de Honra de AISGE a Luma Gómez, a Calpurnia de Honra a Gonzalo Suárez, o Chano Piñeiro outorgado a Beli Martínez ou o Ourense que foi para Alfonso Blanco.
A Fundación Carlos Velo corre coa organización do evento co apoio da Deputación de Ourense e da Consellería de Cultura. Miguel Anxo Fernández é o responsable da dirección artística do programa.