Achégase a 18 edición de Curtocircuíto, o Festival Internacional de Cine que se desenvolverá en Santiago de Compostela do 2 ao 10 de outubro vindeiros. A organización daba a coñecer este 16 de setembro o seu programa oficial, no que se poderán ver 39 películas de 21 países diferentes, entre as que contan 15 estreas, oito a nivel estatal e sete en Galicia. O evento continúa ademais co formato híbrido que inaugurou en 2020 ao manter unha canle propia en Filmin onde se poderá seguir a programación.
No marco da sección Radar, a organización destaca o tratamento de temas como "a autodefinición da identidade, os paraísos artificiais das drogas ou aqueles formados na brecha que é o glitch, ou a sublimación do exceso" nos 22 títulos presentes. Nomes como a británico-arxentina Jessica Sarah Rinland, co seu Sol de Campinas, o canadiano Guy Maddin, con The Rabbit Hunters; a francesa Marie Losier, que achega Taxidermisez-moi ou Bertrand Mandico, quen exhibe nesta edición Dead Flash recuncan no evento. A eles súmanse novidades como Pat Heywood e Jamil McGinnis (Gramercy), Sofia Bohdanowicz (Point and Line to Plane), ou Sophie Littmann (Sudden Light).
Pola súa banda, Explora achega en 18 producións "estudos sobre a paisaxe como Terra Australis Incognita, de Andrea Bordoli, ou Corps Samples, de Astrid da Chapelle, canda a proxectos como The Parents Room de Diego Marcon, Dissolution Prologue, de Siegfried A. Fruhauf, ou Berlin Feuer de Siegfrid Fruhauf e Pedro Maia.
Máis achegada á produción do país, Planeta GZ achegará 12 películas "que dialogan entre si sobre temas como a identidade desde a perspectiva dunha mocidade pandémica, ou as feridas marcadas por un pasado aínda non superado". Carlos Iglesias Losada, Antía Carreira, Ariadna Cordal García, Alejandra Pombo, Ángel Montero Vázquez, Alberto Vázquez, Eloy Domínguez, Berio Molina, Brandán Cerviño, Judith Adataberna, Borja Santomé, Dani Cornes e Xacio Baño son os nomes presentes na sección. Centrada en novos valores, Supernova, pola súa banda, achegará filmes de Sol Mussa, Ariadna Silva Fernández, Noemí Parga, Nadia Sniba, Aaron Vilariño, Martín Caínzos, Miguel Gómez, Ester G. Mera ou Marcos Montiel.
A nova xeira mantén a sección Longas X Curto, nada en 2020 e dedicada a filmes de longa duración. Desta volta achegará os novos proxectos de Erin Vassilopoulos, Helena Girón, Samuel M. Delgado, Kikol Grau e Guillermo Benet. Tamén continúa a sección Playlist, centrada en filmes dedicados á música, que achegará cinco novos títulos. Entre eles, poderá verse o documental No somos nada de Javier Corcuera sobre o histórico grupo punk La Polla Récords. Stop, docu-musical sobre o grupo Doble Pletina, Don´t go gentle: a filme about Idles, Sisters with Transistors e Hier son os outros títulos presentes no programa da sección.