A Cidade da Cultura acolle o seu primeiro festival de curtas para público infantil

Pequefilmes celébrase os días 14 e 15 de xaneiro

13/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un total de 40 curtametraxes para espectadores de entre 5 e 12 anos compoñen o programa da primeira edición de Pequefilmes. A Cidade da Cultura acolle estes días 14 e 15 de xaneiro este festival cinematográfico orientado ao público familiar, que inclúe producións recoñecidas a nivel internacional como Me and my Moulton, nominada aos Oscar 2015; Juan y la Nube, Goya á Mellor Curta Animada; The empty, Gran Premio en Hiroshima e Seúl; Trial & Error, Platinum Remi Award no World Fest de Houston; ou Pawo, Mellor Película Infantil en Brasilia Animation Festival 2015. O programa inclúe ademais catro obradoiros para coñecer por dentro a sétima arte. Stop motion en cartolina e en plastilina, mesa de luz e sonorización son as distintas propostas formativas do evento. Ademais, os asistentes poderán escoller por votación o premio ao mellor filme.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cidade da Cultura de Galicia

Claves