A Cidade da Cultura acolle entre os vindeiros dÃa 29 e 30 de xaneiro a nova edición de Pequefilmes. O festival infantil de curtas mantén este ano a súa aposta polo formato mixto que permitirá seguir de xeito presencial e en liña a súa programación. A xeira amplÃa o número de filmes, con 80 curtametraxes artelladas nas seccións Miñocas (a partir de tres anos), Fanecas (para maiores de sete) e o programa especial Clermont-Ferrand, na que se poderá ver "unha escolla das mellores pelÃculas seleccionadas no festival internacional de curtametraxes francés do mesmo nome".
Como novidade, o festival integra o Programa especial Olloboi, no que se poderán ver os traballos que desenvolveu o alumnado de primaria e secundaria dos centros de ensino de no marco do Festival Olloboi. As sesións presenciais para os programas Miñocas e Fanecas teñen un prezo de entrada de 3 euros, mentres o acceso en liña faise mediante tv.festhome ao mesmo prezo por sesión ou coa posibilidade de abonos. Os programas Clermont-Ferrand e Olloboi poden verse de balde. O público seleccionará coas súas votacións os traballos gañadores nas dúas categorÃas oficiais.