O 45 Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, en Francia, acolle desde este 30 de xaneiro a presentación do novo catálogo Shorts from Galicia. Con esta publicación a Axencia Galega das Industrias Culturais promociona a nivel internacional as producións máis breves do audiovisual galego. Logo da súa estadía neste evento, o catálogo presentarase noutros festivais cinematográficos.
Nesta xeira a publicación, accesible na rede e que permite o acceso baixo demanda das producións que recolle, achega información sobre Alicia fai as cousas, de Ángel Santos; Non te vexo, de Xacio Baño; A rabia, de Alberto Díaz; Sandwich Cat, de David Fidalgo; Habitar, de Anxos Fazáns, e Lique de Anita Pico. Ademais, facilita adiantos de Después de nada, de Carla Andrade; Barxacova, de Rosa Taboada, e To Bird or Not to Bird, de Martín Romero, en proceso de produción. As producións foron seleccionadas por un comité de especialistas no audiovisual.
Canda a presentación deste catálogo, no marco do festival desenvolveranse diferentes xuntanzas con responsables de festivais e de distribuidoras internacionais. Ademais, o programa oficial conta con presenza galega. Deste xeito, Pedro Díaz foi seleccionado na sección Internacional con La entrega, mentres que Lois Patiño regresa á LAB Competition con El sembrador de estrellas.