A Agadic presenta o catálogo Shorts from Galicia en Clermont-Ferrand

Seis producións danse a coñecer nesta prestixiosa cita dedicada ás curtametraxes

5/2/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O coñecido Festival de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, en Francia, acolle desde onte e ata o vindeiro día sete unha delegación do audiovisual do país. Da man da Axencia Galega das Industrias Culturais e no marco do posto do espazo xeral Shorts from Spain distribuirase no encontro a nova edición do catálogo Shorts from Galicia. Esta publicación recolle seis producións do país elixidas por unha comisión especializada tras unha convocatoria pública á que se presentaron unha trintena de traballos de realizadores galegos.

Maullidos de látex, de Brian Rodríguez; Limbo, de Daniel Viqueira; Soy una tumba, de Khris Cembe; A nena azul, de Sandra Sánchez; La noche, de Martín Romero; e El Espectrorum, de Judith Adataberna son as producións presentes no catálogo. Ademais Soy una tumba estará tamén presente sección competitiva internacional do evento

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Galega das Industrias Culturais, Francia, Daniel Viqueira, Martín Romero...