Agadic presenta a nova edición do catálogo Shorts from Galicia

O Festival de Curtametraxes de Clermont-Ferrand estrea a nova xeira da publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Agadic presenta a nova edición do catálogo Shorts from Galicia

Nove títulos compoñen a nova edición do catálogo Shorts from Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este 5 de febreiro esta publicación que dá a coñecer a produción cinematográfica máis breve da o audiovisual galego. O Festival de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, que comezou o pasado día 2 nesta vila francesa, é a primeira parada desta xeira.

Segundo explica a Agadic, o catálogo achega unha escolma de seis títulos xa rematados canda a outros tres que se atopan en fase de desenvolvemento. Para alén de información sobre as producións, permite acceso ao visionado para profesionais do sector. Os contidos do catálogo están dispoñibles en liña.

Abellón, de Fon Cortizo; Illa Cordura, de Mario Fernández Filloy; Pura, de Carmen Méndez; María Rita, de Juan Barbazán; De(s)amor, de Alba Pino, e Corre o vento, de Paula Fuentes e Guillermo Carrera son as produción xa rematadas incluídas no catálogo. A esta selección súmanse Adeus, Berta, de Fernando Tato; Montsera, de Diego R. Aballe, e Platónico, Platónica, de Xacio Baño, en proceso de produción.

Canda ás obras do catálogo, na sección Lab do festival poderá verse a curtametraxe Non te vexo de Xacio Baño, mentres Pura, de Carmen Méndez proxectarase no Market Screening New Spanish Shorts.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Galega das Industrias Culturais, Carmen Méndez, Xacio Baño, Fon Cortizo...