Agadic leva o catálogo Shorts from Galicia a Clermont-Ferrand

Presenta sete producións no prestixioso festival francés de curtametraxes

6/2/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Matria, Buenos días, España, Plus Ultra, La mujer invisible, El reloj e Rapa das bestas son as curtametraxes que fan parte da nova edición do catálogo Shorts from Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de presentar a edición de 2018 deste programa de promoción, que inclúe tamén un vídedo, no Festival de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, que abría onte as súas portas. No mesmo, o audiovisual galego participa cun espazo propio no marco do posto común do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Estado. A selección de traballos correspondeu a "unha comisión especializada tras unha convocatoria pública aberta pola Agadic, á que se presentaron unha trintena de traballos de realizadores galegos".

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Matria, Rapa, ICAA, Axencia Galega das Industrias Culturais...