Unha curta galega é recoñecida polo público do Pequefilmes

Cuerdas e Einstein-Rosen foron as curtas preferidas dos espectadores

16/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A primeira edición de Pequefilmes, o festival de curtametraxes para público infantil que acolleu esta fin de semana a Cidade da Cultura, ten xa gañadores. Os asistentes seleccionaron dúas producións, unha delas galega, como as súas favoritas. Deste xeito, na categoría de público de entre 5 e 8 anos, as votacións escolleron Cuerdas, o traballo co que Pedro Solís levou o Goya 2014 á mellor Curta de Animación nos Goya, como mellor traballo. Pola súa banda, os asistentes de entre 9 e 13 anos recoñeceron cos seus votos o labor da coruñesa Olga Osorio co filme Einstein-Rosen, rodada no herculino Barrio das Flores. A Consellaría de Cultura cifra en 1.500 os participantes nesta actividade, que puideron ver un total de 52 producións de diferentes países.

Que che parece esta nova?
130 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Olga Osorio, Animación, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos