Hai agora cen anos o paÃs púñase de gala para se amosar ao mundo. Na Alameda de Compostela, unha serie de pabillóns e de postos amosaban, na Exposición Rexional, o mellor dun paÃs moderno canda a unha importante mostra do noso pasado. Agora, da man da editorial Alvarellos un libro e unha exposición queren lembrar aquel importante evento.
Segundo explica Henrique Alvarellos, que investigou este evento para a súa editora, “a Exposición Rexional de 1909 supuxo unha importante activación da sociedade galega daquela época, segundo todas as fontes”. Debemos pensar que falamos dun momento no que o paÃs comezaba a se introducir na modernidade da man das cidades, mentres comezaba a sangrÃa migratoria. “Aquel era un momento moi gris para Compostela. A cidade perdera a capitalidade de provincia habÃa algo máis de corenta anos, e estaba algo desnortada”, lembra Alvarellos. Cumpriu a coincidencia de varios importantes axentes sociais para que cristalizase un proxecto da magnitude desta mostra. “Estaba a Sociedade Económica de Amigos do PaÃs, que reunÃa intelectuais e comerciantes baixo a dirección de Pedro Pais Lapido, impulsor da idea. Despois habÃa tamén dous ministros galegos, GarcÃa Prieto, xenro de Montero RÃos, e mais González Besada”. A unión de tan insignes personalidades conseguiu botar a andar un proxecto que incluÃa a construción de varios pavillóns, a preparación de exposicións e actividades para seis meses. “Ao tempo, naquel momento comezaban a chegar os cartos da emigración, e iso notouse moi ben por exemplo en que os galegos da Habana fixeron un pavillón que reproducÃa o seu centro a escala. Debemos pensar que entre 1890 e 1910 marcharon como medio millón de galegos”, conclúe.
Antecedentes e modernidade
O feito de concentrar esforzos e recursos en facer unha Exposición pode semellar curioso hoxe, pero naquel tempo este tipo de eventos eran habituais e tiñan unha grande importancia, motivando mesmo competicións entre paÃses para organizar as máis grandiosas e amosar a súa modernidade e poder. “En Galicia xa habÃa un antecedente na exposición de 1858, á que veu Isabel II e na que tamén estivo a Sociedade Amigos do PaÃs”. En 1909, a exposición durou nada menos que seis meses, e concentrou no contorno da Alameda de Compostela e parte do actual Campus Universitario, preto de quiñentos expositores e once grandes pavillóns construÃdos ex profeso para o evento. “A exposición tiña dúas grandes seccións, a chamada contemporánea e a arqueolóxica”, explica Henrique Alvarellos. “Na contemporánea reunÃanse industriais e empresas coma os produtores de viño máis afamados do paÃs. HabÃa todo tipo de aparellos modernos e curiosidades tecnolóxicas da época, coma aeroplanos. Manuel Beiras lembraba que alà se vira a primeira máquina de lambetadas en Galicia. PodÃan encontrarse empresas que aÃnda hoxe existen, coma os Wonenburger da Coruña ou as rosquillas de Tábora que xa levaron unha medalla de ouro daquela. Logo tamén viñan empresarios de Cataluña e de Levante cos seus produtos”, completa.
A historia
Alén da modernidade do paÃs, a Exposición tamén se preocupou de amosar a raigame histórica de Galicia. “A sección arqueolóxica estivo dirixida por López Ferreiro, catedrático de Historia. Quixo compilar pezas artÃsticas e históricas por todo paÃs, e conseguiu tanto material que non se puido expor todo”, explica Alvarellos. “De xeito pioneiro, abordouse a Gallaecia romana coma un conxunto, con pezas do norte de Portugal, Asturias, o Bierzo ou Zamora”. O conxunto, un impresionante percorrido pola nosa historia que en boa medida se preservou ata os nosos dÃas e que tamén se está a investigar con vistas a unha vindeira recuperación.
A innovación
Coa mostra, tamén chegou á capital galega un novo estilo arquitectónico, o modernismo. Os pavillóns construÃdos para o evento adoptaron formas que non se viran antes no noso paÃs. “Era un modernismo algo ecléctico, con toques do vienés ou do veneciano, segundo as fontes que consultei, os arquitectos han saber definilo mellor”, lembra Alvarellos. “A cidade nunca tivera algo asÃ, nin o tivo despois, só se conservou o edificio de Palacios que na actualidade é unha garderÃa. Nas fotos semella que se tentou imitar a vangarda europea da época, cunha reprodución do Palacio de Cristal de ParÃs que se fixera só dous anos antes”. Como se pode comprobar, alén de amosar o mellor do paÃs, a proposta tiña un forte compoñente universalista. Para máis o encontro coincidiu co primeiro Ano Santo logo de moito tempo, abrindo un ciclo de celebracións deste tipo que se pecha no vindeiro 2010, cando haberá que agardar de novo a que se concentren estes eventos. “Foi o primeiro Xacobeo no que as peregrinacións estaban organizadas pola arquidiócese e que houbo visitas internacionais, con grupos de Baviera e de Inglaterra”, lembra Alvarellos
Balance e memoria
En total, pasaron polo recinto arredor de 50.000 visitantes, nun momento no que en Compostela só habitaban 23.000 persoas. “Outra cousas foron os resultados económicos. Houbo unhas perdas considerables e os organizadores tiveron que achegar cartos”, explica o responsable da publicación. Malia a isto, o proxecto “ supuxo un punto moi importante de activación da sociedade galega que non se repetiu despois”. Agora, a memoria daquel evento recupérase da man da editorial Alvarellos na forma dun libro e dunha exposición. “Co gallo do centenario ocorréuseme compilar as fotografÃas que se conservan daquel momento, de autores coma Ferrer ou Chicharro”, lembra Henrique. “Haberá un libro no que se poderán ver unhas cincuenta imaxes, e a idea é facer tamén unha exposición na propia Alameda de Santiago". Desde a editorial agardan que para o vindeiro 24 de xullo, a coincidir co centenario da exposición, se poida ver esta mostra.