Bolonia e Aviñón rematan as semanas adicadas ás Cidades da Cultura de 2000

Máis cidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Santiago honra esta semana á Bolonia e a Aviñón. Son as dúas últimas semanas culturais que pechan as homenaxes adicadas ás diferentes cidades que comparten con Santiago a Capitalidade Cultural deste ano 2000. 15 días cheos de exposicións, ciclos e gastronomía das culturas francesas e italianas.

Avinón

George Rousse inaugura ás 8 con "intervencións obradoiro" no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a semana cultural de Francia en Santiago. Por diante quedan sete días para desfrutar a gastronomía (por 2.500 pesetas no Hostal dos Reis Católicos); o cinema, xa que no cine Iago proxéctase un ciclo gratuito que comeza hoxe con Pequenas desordes amorosas de Oliviér Péray; a danza, con Kubilaï Khan Investigations na Galán mañá e pasado; a música co Trío de Corda L´Itineraire e a fotografía con Florence Paradeis, no CGAC. O ciclo remata coa conferencia "Aviñón, capital de tódolos teatros" por Vicent Baudriller, director adxunto do Festival de Aviñón.

Bolonia

Rematada a cidade de Aviñón, Santiago deixará de conmemorar a cultura francesa, para pasarse rapidamente á italiana. A cidade de Bolonia achégarase á cidade do apóstolo a través do cinema de Bernardo Betolucci, do que se proxectarán filmes que recollen boa parte da súa traxectoria. A música de Michele Campanela e as xornadas gastronómicas na Taverna de Ghiotto completan os actos de conmemoración destas última semana.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Gastronomía, Cine, Reis Católicos...