Santiago lidera ás Cidades Patrimonio que reclaman o 1% cultural para obras

Lazos de cultura e de cartos

6/3/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
4 lecturas | Compartido 0 veces
En xuño do ano pasado o secretario de Estado de Cultura prometeu (decisión que se toma conxuntamente co Ministerio de Fomento) que Santiago recibíra ese 1% de inversión cultural do presuposto de Fomento para Infraestructuras. Resulta que cando esta semana se coñecen as obras incluidas nese 1% non aparece a cidade compostelá. E non só ela, das nove cidades patrimonio só dúas entran na lista do reparto: Cuenca e Córdoba. Por iso, as oito Cidades Patrimonio de España, decidiron unirse para reclamar ese 1% para obras culturais que se lles prometera. E, por outra banda, Santiago, como Cidade Patrimonio, tamén anuncia outro convenio. Trátase das Cidades de Cine que se insipira na promoción dos conxuntos urbanos que forman parte desta asociación para filmar películas.
O 1% prometido

En xullo do ano pasado o Concello presentara, a petición do secretario de Estado de Cultura, un informe para a rehabilitación de As Rodas. Un documento para o que o concello tivo un escaso prazo de 15 días, xa que foi solicitado por vía de urxencia, e que logo foi estudiado polos técnicos da comisión de cultura. Pola forma e o modo no que foi solicitado o documento e realizado todo o procedemento, desde o Concello todo parecía amosar que estaría incluído nese un por cento cultural que concede o Ministerio de Fomento. De feito, o alcalde explicou que era precisamente este secretario o encargado de facer chegar tanto este proxecto como o do resto dos municipios do Grupo de Cidades Patrimonio.
Sen embargo a sorpresa chegou esta semana cando se veu que o proxecto de rehabilitación das Rodas non estaba incluído dentro dese 1% nomeado. Desde o concello pretenden pensar no feito de que pode ser un erro que se subsane cunha revisión dos proxectos incluídos para este ano.
Pero non é algo que afecte unica e excluvisamente á cidade de Santiago, de feito do Grupo que compoñen as Cidades Patrimonio só dúas se viron afectadas pola medida: Cuenca e Córdoba. Un feito que fixo que os alcaldes destas cidades significativas decidisen unificarse para reclamar a súa inclusión dentro deste capítulo dos orzamentos. Con esta medida o que se consegue é a consecución de fondos para poder realizar maniobras que afecten ó mundo cultural. De feito ese un por cento é a partida que Fomento qeu ten que destinar a fines culturais e que teñen que ser para a recuperación do Patrimonio.












De cine


E dúas das cidades que forman parte deste Grupo de Cidades Patrimonio tamén se unen. Pero non é para reclamar cartos, senón para constituír, xunto con Porto, Biarritz e San Sebastián, unha asociación con personalidade xurídica que sirva de promoción dos conxuntos urbanos participantes como escenario para filmar películas cinematográficas. Deste xeito poderían optar ós fondos Interreg para financiar este proxecto, ademais de seguir contribuindo á difusión e a promoción cultura do seu territorio.





Máis vínculos

Pero estes non son os únicos vínculos e lazos que unen a Santiago con Salamanca. De feitoacábase de facer público que os Conselleiros de Asuntos Sociais e o de Cultura acaban de asinar un convenio de colaboración con Salamanca para promocionar a Capitalidade cultural. Un convenio que se concreta na inclusión da capital salmantina no itinerario de viaxes para persoas maiores, ademais de celebrar este mes de xuño na capital de Galicia.


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos