O Ministerio de Fomento debe destinar unha parte dos contratos de obras públicas superiores a accións de conservación, mantemento ou fomento do patrimonio cultural. Nun contexto de crise económica, o coñecido como "1% cultural" (agora aumentado a 1,5%) permite acometer importantes obras de restauración e recuperación. Unha nova web de Fomento permite explorar 46 proxectos xa realizados en Galicia.
A lei de Patrimonio Histórico establece a obriga de que os contratos de obras públicas -sempre que sexan superiores a 601.012,10€, deben achegar unha parte do orzamento ao financiamento de "traballos de conservación ou enriquecemento do Patrimonio Histórico Español ou ao fomento da creatividade artÃstica". A porcentaxe establecida pola lei era do 1% do orzamento do contrato, pero en outubro deste ano, Fomento aprobou incrementar esa porcentaxe ao 1,5%. Toda vez que os contratos do Ministerio de Fomento son os máis grosos, polo xeral, dos subscritos polo Estado, isto deriva en proveitosas partidas das que se teñen beneficiado numerosos monumentos.
O Ministerio de Fomento vén de editar un web no que se recollen as achegas ministeriais vinculadas ao 1% cultural das que no ministerio teñan recepcionado a fin da obra. Deste xeito, accións en curso como a do Castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela, aÃnda non figuran no web.
O ministerio distingue diferentes tipos de "programas". Entre eles intervencións en obras públicas e en patrimonio edificado con valor patrimonial, o Camiño de Santiago como entidade especÃfica, tamén arquitectura relixiosa (catedrais, abadÃas, mosteiros...), parques e sitios arqueolóxicos declarados BIC, teatros e edificios para a música e bens inclúidos na lista de Patrimonio Mundial UNESCO, murallas e castelos, paisaxes culturais e intervencións no patrimonio industrial.
Esta vasta lista substánciase, no caso galego, en 46 intervencións en espazos repartidos por toda Galicia. Destacan as obras e reformas vinculadas ao patrimonio urbano de Santiago de Compostela e ao resto de Camiño de Santiago, que supoñen case un 37% das actuacións levadas a cabo ata o momento en Galicia.
O resto das actuacións supoñen, esencialmente, intervencións en patrimonio de carácter militar (a segunda categorÃa máis abundante, un 15%) e de carácter relixioso (un 9%). Os proxectos arqueolóxico só supoñen un 4% do total.
Entre os proxectos, pódense apreciar intervencións arqueolóxicas como as do Castro de Elviña ou o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, as actuacións en conxuntos verdadeiramente ruinosos como NarahÃo, rehabilitacións de catedrais como Lugo ou Mondoñedo ou intervencións en boa parte dos grandes mosteiros galegos, como Oseira, Samos, Melón ou Celanova.