Titulares das Cidades Patrimonio acordan en Compostela medidas reivindicativas

Matrimonio do Patrimonio

Son os alcaldes dun clube selecto de urbes, de cidades que comparten o fío común de ser declaradas Cidades Patrimonio da Humanidade. Onte reuníronse en Compostela para acordar novas medidas que impulsen turisticamente a estas cidades, e non só iso, reafirmaron os seus votos para reclarmarlle ó Ministerio de Cultura que cumpra co seu compromiso que é o de financiar un proxecto de obra nos cascos históricos de cada unha delas.

Reclamacións

O principal motivo que uneu esta fin de semana en Compostela ós alcaldes das Cidades Patrimonio de toda España era o de acordar medidas "de equipo". É dicir que todas as campañas de actuación, sexan da índole que sexan, se desenvolvesen en grupo, como unha piña. E nesta xuntanza, na que só faltou o alcalde de Ávila, quen delegou no seu concellal de Turismo, houbo sobre o mantel medidas concretas e puntuais. E a reunión tivo lugar en Santiago, porque entre outros motivos, o alcalde compostelano, Sánchez Bugallo, lidera os movementos que se desenvolverán en conxunto.
En primeiro lugar este grupo decidíu seguir firme no seu empeño de esixirlle ó Ministerio de Cultura que cumpra co seu compromiso de financiar un proxecto de obra nos cascos históricos. Un compromiso que corría a cargo do 1% cultural e do que cando se deu a coñecer a lista dos benefactores non se incluían algúns dos proxectos da cidades patrimonio. Entre as cidades excluídas estaba Compostela co seu proxecto de reformar a rúa de Rodas para a que o Concello contaba con esa partida presupostaria que, segundo o Secretario de Estado, se concretará para o ano.











Máis demandas


Además, na xuntanza quedaron claras outras cuestións, como era o feito de que non se renuncia a unha compensación estatal pola exención do pago de imposto de bienes inmobles (IBI) dos edificios eclesiásticos e os dlecarados bens de intereses culturais (BIC). Para Sánchez Bugallo queda claro que a exención dos edificos eclesiásticos (en virtude do acordado por tratados internacionais) pero que consideran que non se vai a realizar a costa dos concellos.
Polo demais, tamén se aprobou o plan de promoción turística e cultural do grupo. Á parte da súa presencia en feiras turísticas internacionais e da súa difusión en Internet, entr outras actividades realizarán importantes campañas publicitarias en Alemaña, Francia e Reino Unido.












Incorporacións

Ademais agora haberá que ter en conta que o grupo das cidades Patrimonio xa se incrementou. De feito coa incorporación da Laguna (As Palmas) e Ibiza, aumentou a 11 o número de socios. Había dúas peticións máis pero quedaron fóra da declaración de Patrimonio da Humanidade que debe de afectar ó seu casco hitórico.