Conferencias, cinema, música clasica, exposicións e degustacións gastronómicas achegarán a cidade polaca de Cracovia a tódolos lucenses. Sete dÃas de actividades que se enmarcan dentro das Semanas Culturais que pretenden achegar a diversas localidades galegas as cidades que comparten con Santiago a Capitalidade Cultural do 2000.
Apertura
A música e a gastronomÃa son os protagonistas nos actos de inauguración da semana cultural de Cracovia que se inaugura hoxe en Lugo. No paraninfo da Universidade, Xesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura, Francisco Cacharro Pardo, presidente da Deputación, e Xosé López Orozco, alcalde da Cidade das murallas darán o pistoletazo de saÃda ás actividades. Hoxe na igrexa do Museo Provincial, a violinista Kaja Danczowska interpretará pezas de Bach, Wieniawski ou Kreisler.
Outras actividades
Xunto ás actividades musicais e gastronómicas, que se poden degustar no Mesón de Alberto, o cine tamén ocupa un lugar destacado. Mañá comeza o ciclo adicado á figura do realizador polaco Krystof Zanussi. Mañá "El año del sol tranquilo", o mércores "Un cuadro de familia" e "Balance matrimonial" forman parte do ciclo que se pecha o venres con "Mimetismo" e "Constance".