Un encontro fundirá nunha asociación as Casas Museos de España e Portugal

As actividades desenvólvense entre Santiago e Guimarães

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Imaxe da Casa Museo de Rosalía, que participa no encontro

Imaxe da Casa Museo de Rosalía, que participa no encontro

O obxectivo último da xornada é fundir nunha única entidade todas as Casas Museo de Escritores existentes na actualidade entre España e Portugal. O primeiro encontro ibérico destas entidades arrinca hoxe cun programa que se desenvolve entre Santiago e Guimarães e no que se pretende é incrementar as actividades, ampliar a difusión e o coñecemento destes escritores.

Roteiros literarios, visitas guiadas, concertos, presentacións… estas son as actividades que conforman o programa do I Congreso Ibérico de Casas Museo. O Consello da Cultura Galega, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Cultura de Portugal, entre moitas outras entidades, organizan este encontro que conta cunha cincuentena de participantes.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Escritores, Museos, Consello da Cultura Galega...