O Gaiás acollerá a primeira xornada dun encontro sobre industrias creativas

A conferencia internacional comeza o día 23 e continuará en Guimarães

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

As industrias culturais e creativas como chave para o futuro: análise e perspectivas é o título do congreso internacional que comeza o vindeiro 23 de febreiro na Cidade da Cultura, en Compostela. O programa, que adiantou esta mañá a Axencia Galega das Industrias Culturais, conta con relatores como Andy Pratt, do King's College de Londres, Paulo Alves da Fundación Serralves, Isabel Neira , da Universidade de Santiago ou Víctor Fernández Blanco da Universidade de Oviedo. No encontro presentarase un estudo sobre os datos das industrias creativas en Galicia e mais no Norte de Portugal. O encontro continuará o día 24 en Guimarães. A inscrición é gratuíta.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Entre a nómina e a factura

Entre a nómina e a factura

Analizamos os datos de emprego do informe As industrias creativas en Galicia e o Norte de Portugal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Axencia Galega das Industrias Culturais, Universidade de Oviedo, Norte de Portugal...