
Segundo os datos recollidos, son as empresas do produto gráfico as que teñen un maior peso económico, cunha facturación de 1.211 millóns. A publicidade (292 millóns) e o audiovisual (208) seguen na lista. No marco especÃfico das industrias culturais, destaca tamén a música, con 130 millóns de facturación, mentres no apartado denominado Core Arts, agrúpanse firmas centradas nas bibliotecas, arquivos, museos e xestión do patrimonio, que facturaron nese ano 45 millóns de euros. FotografÃa (33 millóns), Artes Escénicas (30) e artes plásticas (6 millóns) son as seguintes por volume económico.
As conclusión do estudo salientan o potencial de crecemento deste ámbito e apunta á necesidade de apoiar a creación e en reorientar as infraestruturas culturais de cara á creación mais do que ao consumo.
As industrias creativas en Galicia e o Norte de Portugal: análise cuantitativa.