
A desaparición de empregos neste perÃodo afectou a 1.002 cotizantes, coas actividades de creación, artÃsticas e espectáculos como as máis afectadas cunha mingua do do 10,4%. As cinematográficas, de vÃdeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical foron as seguintes que perderon máis empregos e ficaron dun 10% menos. Como dato esperanzador, o informe sinala que as afiliacións á seguridade social entre abril e maio medraron máis na cultura (+2,7%) do que no conxunto da economÃa (+1%).
O impacto deixouse sentir tamén de xeito particular na creación de empresas culturais, das que entre xaneiro e maio naceron 44, 11 menos que no mesmo perÃodo do ano anterior. Tamén a exportación deste tipo de produtos se viu particularmente afectada pola crise, xa que minguou un 39,4% fronte ao 23,9% do conxunto de vendas ao exterior.
De cara ao futuro, este estudo advirte que "só o 57,8% dos fogares galegos prevé que poderá saÃr cear, a cafetarÃas, ao cinema e ao teatro nos próximos tres meses". A cifra supón un 5,5% menos do que no trimestre anterior e a marca cifra máis baixa dos últimos dous anos.