A sede da Real Academia Galega, e antiga casa da escritora, acolle desde a mañá deste 25 de outubro o Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán, cen anos despois, o encontro co que a entidade galega homenaxea a autora no centenario do seu pasamento. O encontro, que se desenvolve ata o vindeiro 29 de outubro, continuará o día 28 no Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para fechar as súas sesións na sede do Consello da Cultura Galega, tamén na capital galega.
Os relatorios do encontro comezarán coa intervención de Darío Villanueva, presidente da Real Academia da Lingua Española, a escritora Marina Mayoral, o investigador Enrique Rubio Cremades e Ángeles Ezama Gil. Segundo explica a RAG, tamén intervirán, Marisa Sotelo, Íñigo Sánchez-Llama, Ana Freire ou o académico e historiador Ramón Villares, entre moitos outros nomes de investigadores sobre a figura e a obra da homenaxeada.
A sesión en Compostela centrarase na curiosidade científica da autora, con relatorios a cargo de José Manuel González Herrán, o académico Francisco Díaz-Fierros, e os profesores da USC Ana María González Noya e Andrés Díaz Pazos, entre outros investigadores. Pola súa banda, no Consello da Cultura Galega a sesión centrarase na ollada de xénero da autora, a cargo de Isabel Burdiel, Jo Labanyi, María Xosé Porteiro, Marilar Aleixandre, Mónica Bar Cendón e Pura Fernández.
Todas as sesións do congreso poden seguirse en liña a través da canle de Youtube do congreso e mais das institucións que participan no mesmo. A RAG coodina este encontro en colaboración coa USC e o Consello da Cultura e o apoio da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do concello herculino.