A compañía luso-galega Voadora estréase en Santiago co espectáculo Periferia

Voar cara o futuro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Chámase Voadora, ten a súa sede en Santiago de Compostela pero conta con artistas galegos e portugueses que interpretan na súa propia lingua, e que ten no seu haber ser unha das primeiras compañías luso-galegas. Naceu na residencia artística da Asociación Cultural e Recreativa de Tondela (Acert) que puxo en marcha a compañía portuguesa Trigo Limpo. E esta fin de semana preséntase no Teatro Principal de Santiago con “Periferia”, unha montaxe que fala da vida cotiá ou dos proxectos que acaban por non facerse.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Voadora, Espectáculo, Teatro, Teatro Principal de Santiago de Compostela