Imaxe de Coralinda. Fonte: Elefante Elegante
Tres funcións os dias 13 e 14 de marzo marcan a estrea de Coralinda, o novo espectáculo de Elefante Elegante. A localidade portuguesa de Tondela acolle a presentación desta proposta, coproducida con Trigo Limpo Teatro ACERT e que conta con dramaturxia de María Torres e Gonçalo Guerreiro e dirección deste último.
A obra, unha comedia xestual para público infantil e familiar a partir de 3 anos, achégase ao estilo dos debuxos animados para tratar o tema da da inmigración e do medo ao diferente desde o humor, a poesía visual e a emoción. María Torres e Pablo Sánchez interpretan esta proposta, que se estrea en Galicia cunha función en Rianxo o vindeiro 21 de marzo.



