Elefante Elegante reflexiona sobre a moda rápida en 'Alta costura'

A nova montaxe estréase este vindeiro sábado en As Pontes

A nova montaxe estréase este vindeiro sábado en As Pontes
Imaxe de 'Alta costura' Foto: Elefante Elegante
A compañía Elefante Elegante estreará este vindeiro día 24 de maio, noTeatro Cine Alovi de As Pontes a súa nova montaxe para público adulto, 'Alta costura'. Este espectáculo definido como de teatro físico con texto, é unha creación de María Torres e Gonçalo Guerreiro sobre dramaturxia de Tiago Alves. 'Alta costura' é un espectáculo cómico. Crítico e poético sobre a industria da moda, unha das máis contaminantes do planeta arestora pola tendencia de 'moda rápida', e os insáns hábitos de consumo, o recoñecemento social, a saúde e as condicións laborais. O elenco está conformado por María Torres, Pablo Sánchez, Sofia Espiñeira e Raquel Crespo, baixo a dirección escénica de Gonçalo Guerreiro. A montaxe faise en coprodución co Concello de Culleredo e conta coa colaboración do Concello de As Pontes., onde se estrea.