O reclamado modelo das compañÃas de teatro en residencia en recintos públicos inicia a tempada con pulo grazas as iniciativas da deputación da Coruña e o do Centro Dramático Galego (CDG). A obra de W. Shakespeare Soño dunha noite de verán', dirixida por Marta Pazos e adaptada pola compañÃa Voadora producirase baixo o sistema de residencia artÃstica inicialmente no Teatro Colón da Coruña para despois trasladarse unha semana ao Pazo da Cultura de Narón. A liña de traballo de Residencias Técnicas ArtÃsticas xa apoiou con anterioridade a outras compañÃas de teatro e danza no Colón. Neste caso Voadora aproveita este apoio para producir o seu novo espectáculo baseado na obra do dramaturgo inglés como antes fixera coa 'Tempestade'. A estrea está prevista para 11 de febreiro. Pola súa banda o espectáculo ‘PolÃtica de terra queimadaÂ’ ocupará durante toda esta semana o escenario do Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde desenvolverá catro xornadas de residencia que culminarán con tres representacións diante do público o venres, sábado e domingo. O plan de apoio da compañÃa institucional a distintos procesos de posta en escena inclúe tamén este ano as montaxes de 'Desconexión', 'Tropical' e 'Elisa e Marcela'. Con este proxecto, ademais, o CDG e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) comezan unha liña de colaboración centrada no fomento do intercambio entre as dúas institucións para a incorporación dos artistas máis novos ao panorama escénico profesional. De feito, o denominador común do programa de residencias da compañÃa pública para 2017 é prestar apoio os creadores e creadoras galegas pertencentes ás novas xeracións e con con probada calidade no seu facer.O director da ESAD, Manuel Viéitez, é un decidido defensor do modelo de residencias no que os espazos teatrais públicos non só son usados para a exhibición senón para a creación por parte de compañÃas privadas.