A Escola Superior de Arte Dramática presenta a súa compañía escénica

É un proxecto formativo para alumnos que non ocupará ámbitos profesionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Tempestade de Shakespeare é a montaxe coa que se presenta ao público a compañía da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD). Trátase dun proxecto pedagoxico de carácter escénico destinado tanto a alumnos da ESAD que estean a cursar os seus estudos, como para aqueles alumnos acabados de titular. A compañía non pretende competir co teatro profesional e traballará exclusivamente na realización de espectáculos (infantís, contemporáneos) e non ocuparán ámbitos profesionais. O director desta proposta é o profesor da escola Dani Salgado. Entre as primeiras actuacións que desenvolverán está a súa participación no programa da XXVIII edición da MIT de Ribadavia, así como un encontro de escolas de teatro que se desenvolverá en Guimaraes, co gallo da capitalidade cultural europea.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escola Superior de Arte Dramática, Teatro, ESAD, Shakespeare...