Fernando González, Laura MÃguez, Melania Cruz, Fran Lareu e Tito Asorey licenciáronse na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD). Todos eles integran ilMaquinario Teatro, un novo proxecto escénico que ten a súa posta de longo na 29 edición do Festival de Teatro do Carballiño que arrinca hoxe. Fano con O home almofada, a adaptación do texto do escritor irlandés Martin McDonagh. Son a gran novidade dun programa que combate a golpa de monólogos e teatro para grandes e pequenos (tres espectáculos a cargo da compañÃa Viravolta) os recortes e a crise.
O encontro abre e pecha con monólogos: Manquiña e LuÃs Zahera serán os encargados de iniciar esta edición co seu espectáculo titulado Monólogos inocentes (martes, 22:30 horas, 8 euros), e Sergio Pazos de clausúralo con Sé galego, my friend. Polo medio, dúas montaxes de teatro de adultos, Teatro de Ningures e o seu Atra Bile.
ilMaquinario, un novo proxecto
A gran novidade desta edición é a estrea do proxecto escénico de iLMaquinario, Proxectos escénicos, compañÃa de nova creación conformada na súa totalidade por profesionais saÃdos da Esad baixo a cobertura empresarial de Arteficción SL. No seu web, a compañÃa afirma que entre os seus sinais de identidade está “privilexiar o traballo do actor como explorador da natureza humana, ofrecendo ao seu público historias que susciten debate e controversia, e ao mesmo tempo sexan pracenteiramente lúdicas. Un teatro de grande intensidade sustentado no traballo colectivo e que persegue un novo tipo de relación co espectador”. Para a súa estrea, adaptan O home almofada, unha novela do coñecido escritor irlandés Martin McDonagh, moi popular no teatro galego tralas adaptacións feitas por Producións Teatrais Excéntricas con Un cranio furado e Oeste solitario. Nesta ocasión, conta a historia dun escritor de contos infantÃs con ganas de notoriedade que é arrestado e interrogado pola conexión entre as súas historias e unha serie de crimes e desaparicións de nenos da zona.