
O segundo encontro, o 13 de maio, tratará sobre a produción, o acompañamento técnico e a construción, e o terceiro e último encontro, previsto para o 27 de maio, sobre a creación artÃstica. Unha vez rematado o curso, porase en marcha a segunda fase, centrada no acompañamento por parte do CDG de proxectos promovidos polas persoas que se gradúan na ESAD, como poden ser os Traballos de Fin de Grao. Trátase asà de apoiar a transición destes proxectos ao mundo laboral, mediante o asesoramento con titorÃas e encontros con profesionais do sector. CDGLab poderase completar cunha terceira fase, cando a situación sanitaria o permita, para realizar prácticas extracurriculares coa participación do alumnado nos procesos de creación e residencias que se desenvolvan no Salón Teatro.
O precedente no Proxecto NÓs
Con esta nova iniciativa o CDG quere converterse nun punto de referencia para facilitar o tránsito do alumnado egresado de Arte Dramática ao mercado de traballo, achegándolle diferentes mecanismos de integración na profesión. O antecedente de colaboración entre a cabeceira do teatro galego e a escola pública de formación en arte dramática sitúase no ano 2016 co Proxecto NÓs Territorio (es)Cénico Portugal Galicia, no que ambas institucións colaboraron conxuntamente coas escolas superiores de Teatro e Cinema (ESTC) de Lisboa e de Música, Artes e Espectáculo (ESMAE) do Porto, e os teatros nacionais portugueses D. Maria II e São João para impulsar o intercambio e circulación internacional de estudantes en materias escénicas. A recuperación do Proxecto NÓs e a creación de novas liñas de colaboración coa ESAD estiveron desde o primeiro momento na axenda do novo director do CDG, Fran Núñez, que mantivo reunións coa ESAD desde os primeiros momentos que accedeu ao posto, segundo confirmou nunha entrevista para este medio o pasado mes de marzo.