Os centros de promoción exterior das linguas e culturas do Estado acordan colaborar para "protexer a diversidade fronte o autoritarismo"

O CCG, o Instituto Cervantes, o Institut Ramón Llul e o Etxepare Euskal Institutua asinaron hoxe o protocolo

  • "Non se ama o que non se coñece, e na realidade española percíbese con excesiva frecuencia que se aborrece o que se descoñece. Cómpre mudar esta sensación por unha ansia de coñecemento do outro, de coñecemento mutuo", afirmou hoxe á mañá a...

Comeza o ciclo de reflexión sobre acción cultural municipal no tempo da Covid-19

O Consello da Cultura abre hoxe a primeira das tres mesas redondas en liña con profesionais do sector

  • Hoxe comeza a primeira das mesas redondas en liña do ciclo Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19 organizado desde a Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega. Ás 11 d...

Vídeos e novas cartas achegan á rede diferentes visións sobre Carballo Calero

A RAG lanza a serie de microespazos Unha palabra para don Ricardo

  • Malia ao adiamento das actividades oficiais, as propostas polo Día das Letras Galegas non se deteñen. Desde a Real Academia Galega chegou á rede estes días a serie de microespazos Unha palabra para don Ricardo "un conxunto de minipezas audiovisua...

Premio Cidade de Pontevedra para Rosario Álvarez, presidenta do CCG

O xurado destacou a súa traxectoria intelectual e vinculación á cidade natal

  • Un xurado representativo de todo o tecido social de Pontevedra decidiu por unanimidade que os premios Cidade de Pontevedra deste ano sexan para Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, na categoría de persoa física, e para a Esco...

O Museo do Pobo pecha o ano dedicado a Antonio Fraguas

Un concerto precederá ao peche institucional da exposición sobre a figura das Letras Galegas 2019

  • O concerto do dúo Oradaladou este sábado 28 de decembro ás 13h horas será a actividade que clausurará a exposición temporal 'Antonio Fraguas. Letras Galegas 2019', organizada e promovida polo Museo do Pobo Galego. A actuación musical forma par...

Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

Este sábado a asociación fará a entrega de galardóns e presentará o XVº Anuario de Estudos do Barbanza

  • O vindeiro sábado día 14 de decembro terá lugar na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro un acto coa que a Asociación Cultural Barbantia pon colofón a dúas das súas actividades. Nese momento farase a entrega dos Premios Barbantia da...

Un foro do Consello da Cultura debaterá sobre patrimonio ao longo de todo un ano

As conclusións deste encontro multidisciplinar presentaranse nunha xornada en novembro de 2020

  • A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acollía na mañá deste 15 de novembro a presentación do Foro Patrimonio e Sociedade. Este novo espazo de debate xorde desde a Sección de Patrimonio e Bens Culturais coa intención de desenvolver ...

O CCG inaugura en Brasil a exposición Galicia imaxinada

É parte dunha viaxe institucional do CCG para reforzar lazos con Brasil

  • A cidade de Santos, en São Paulo, acollerá desde mañán a exposición "Galicia imaxinada", que amosa a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia no século XIX, a través das publicacións promovidas pola colectividade galega en A...

O CCG presenta a colección documental do mosteiro de Montederramo

O libro pódese descargar de balde no web do CCG

  • (da nota de prensa do Consello da Cultura Galega) Detrás de “Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices” hai 1880 documentos de tipoloxía variada, que datan entre 1124 e 1506 e que suman máis de trinta anos de traballo de docum...

O 'Foro Inés de Castro' abre unha nova xeira de relacións culturais entre Galicia e Portugal

O presidente do instituto Camões abre hoxe a primeira sesión cunha conferencia

  • As relacións entre Galicia e Portugal nos eidos da lingua, intercambio cultural e a cooperación abren hoxe unha nova xeira co "Foro Inés de Castro" do que terá lugar a primeira sesión esta tarde cunha palestra do presidente do Camões - Institut...

O CCG inaugura no Río de Janeiro a exposición Galicia imaxinada nas revistas de emigración

Poderase visitar no Instituto Cervantes ata o 29 de xuño

  • O Instituto Cervantes do Río de Janeiro acolle ata o 29 de xuño a exposición "Galicia imaxinada nas revistas da emigración". A mostra permite visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX a través da aná...

Cando a transición é son: o CCG e o Ateneo Republicano dixitalizarán a memoria sonora da Coruña dos 70 e 80

Son 450 horas de gravación de relevantes persoeiros da época

  • Son 450 horas de gravación almacenadas en 502 casetes e nelas figuran voces como as de Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Nanina Santos, Juan Luis Cebrián, Xosé Manuel Beiras e boa parte da intelectualidade e da política na Transición. Foro...

O Consello da Cultura pon na rede os seus materiais sobre Antonio Fraguas

Pódense consultar unha escolma das fotografías e dos arquivos sonoros

  • A Presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez, presentou esta mañá o web conmemorativo do Día das Letras Galegas 2019. A publicación recupera os contidos relativos a Antonio Fraguas dos que dispón o Consello da Cultura Galega, instituci...

Un informe do CCG reclama facer visibles ás mulleres nos arquivos de Galicia

Analiza os arquivos públicos de Galicia desde unha perspectiva feminista

  • Non son só depósitos que xuntan documentación administrativa, senón que son centros que atesouran a memoria colectiva dun país. Deles poderiamos saber datos como o número e características de profesionais dun sector, quen solicita licenzas de ...

No bico un cantar leva á raia a música e a poesía na súa sétima edición

Tui acolle o sete de xuño o recital conxunto do alumnado de conservatorios e escolas de música

  • Coa vontade de "borrar a raia" segundo explicou Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, a sétima edición de No bico un cantar celebrarase o vindeiro 7 de xuño en Tui. A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acollía ...

Galicia-Bretaña: un congreso explora as conexións na paisaxe

Celébrase en Rennes coa organización da universidade local e o CCG

  • Galicia e a Bretaña teñen moitas ligazóns en común, pero unha das máis chamativas é a paisaxe: a presenza do mar, das zonas de pastoreo e agrarias, de rías e cantís. O Consello da Cultura Galega e a Universidade de Rennes 2 organizan o congre...

Os Mestre Mateo son para o cine

O filme de 'La sombra de la Ley' conquistou 10 galardóns dos 15 aos que optaba nesta edición, seguida de outra longametraxe, 'Trote' que se fixo con 5 deles

  • A décima sétima edición da cerimonia de entrega dos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual reuniu de novo ao sector no Pazo da Ópera da Coruña. Representantes políticos, do goberno e das institucións, empresarios, artistas e t...

As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

Presentado o programa inicial de actividades, exposicións e publicacións de apoio ao Día das Letras Galegas

  • Don Antonio Fraguas era "un home das institucións e dos retos da vida pública", en palabras do Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta, e as institucións acudían hoxe á chamada para homenaxealo presentando unha ampla programación para celebra...

O CCG presenta unha publicación con 30 vidas de científicos

A publicación pódese descargar de balde no web do CCG

  • Hai matemáticas, astrónomos, médicos e xeólogos, desde o século XVIII ata o presente. Son biografías de 30 científicos e científicos do país que se caracterizan por deixar un importante legado de investigación en Galicia. O volume, que cont...

O CCG marca un fito de visibilidade para a emigración galega nos EUA

A inauguración da exposición 'Os adeuses' en Ellís Island irá acompañada dunha ambiciosa axenda de actividades

  • A inauguración este vindeiro sábado da exposición fotográfica do Consello da Cultura Galega Os adeuses nun espazo emblemático para os movementos migratorios europeos como é Ellis Island en Nova York servirá para darlle protagonismo aos nosos e...