Fragmentos de cerámica localizados nas Torres de Taborda. Foto: Proxecto Fortalezas da fronteira
Os arqueólogos chegaron ao xacemento das Torres, en san Miguel de Taborda (Tomiño) convencidos de que ían escavar unha batería militar vinculada á Guerra da Restauración portuguesa (1640-1668). Pero a investigación, ademais de confirmar a ocupación militar deste outeiro próximo ao río Miño, revelou que había máis épocas e usos no mesmo enclave. Así o explicaron Rebeca Blanco-Rotea, directora arqueolóxica do proxecto, e Xurxo Salgado, promotor da iniciativa, este sábado aos comuneiros de Taborda.
"Os resultados obrigaron a reformular a interpretación inicial", explican os investigadores. A hipótese de partida era que o pronunciado promontorio era unha batería levantada polo exército castelán en 1666 co obxectivo de controlar o paso desde Goián cara o Val do Rosal e Tui, nos momentos finais do conflito. Pero durante as sondaxes arqueolóxicas, os arqueólogos atoparon cerámica baixomedieval que fora reempregada como material construtivo nas estruturas conservadas, o cal é indicativo da existencia dunha fse anterior. "A análise conxunta das estruturas e materiais permitiu identificar na elevación principal os restos dunha posible atalaia ou torre medieval", explicaron, "o cal encaixa ademais co topónimo 'As Torres' que conserva a tradición". Durante a campaña, os arqueólogos preguntábanse continuamente por ese plural e pola existencia desta torre.
Pero outra clave foi a identificación da estruturas defensivas adicionais máis alá do outeiro, como un recinto con parapeto próximo que lle levan pensar que As Torres "era parte dun conxunto defensivo articulado, adaptado e reutilizado ao longo do tempo". Se o puzzle xa era complicado, para máis os arqueólogos decatáronse de que a ondulada paisaxe que rodeaba o xacemento era en realidade unha mina romana de grande estensión da que se conservaban os elementos de desmonte ou as canles. En certo xeito, a mina romana convertiuse tamén en parte do sistema defensivo medieval e moderno.
Os promotores do proxecto xa están planificando vindeiras fases que permitan "definir con maior precisión as características da fortaleza baixomedieval, avanzar na procura de documentación histórica e determinar o papel estratéxico que puido xogar Taborda nos últimos anos do conflito entre as coroas española e portuguesa".