Malia ao adiamento das actividades oficiais, as propostas polo Día das Letras Galegas non se deteñen. Desde a Real Academia Galega chegou á rede estes días a serie de microespazos Unha palabra para don Ricardo "un conxunto de minipezas audiovisuais arredor da figura de Ricardo Carballo Calero que conforman un retrato colectivo do protagonista do Día das Letras Galegas 2020". Salvador García-Bodaño, Euloxio Rodríguez Ruibal, Henrique Monteagudo, Margarita Ledo, Rosario Álvarez, Fina Casalderrey, Francisco Fernández Rei, Ramón Villares, Xosé Luís Regueira, Manuel González, Ana Romaní, Andrés Torres Queiruga, Víctor F. Freixanes, Gonzalo Navaza, Mercedes Queixas Zas, Francisco Cidrás, Goretti Sanmartín, Fernando López-Acuña, Darío Villanueva, Eduardo Maragoto, Araceli Herrero Figueroa, Carmen Blanco, José Luís Rodríguez, Pilar García Negro, Claudio Rodríguez Fer, Pilar Pallarés, Henrique Rabuñal e Martinho Montero participan desta iniciativa na que colabora a Associaçom Galega da Lingua (AGAL) e que será retransmitida pola CRTVG.
Tamén a iniciativa Modelo Burela está a publicar no seu Facebook unha serie de vídeos nos que persoas que trataron a Carballo, como Adela Figueroa, falan sobre esta figura. A intención é compilar este vídeos na canle de Youtube da proposta.
A sumar entradas ao epistolario do autor, o Consello da Cultura Galega publicou no seu web 23 novas cartas que o homenaxeado no Día das Letras lle remitiu a figuras como Valentín Paz-Andrade, Luís Seoane e Xosé María Álvarez Blázquez. Unha selección de misivas que, segundo a institución "ofrecen a faceta máis humana de Carballo Calero".
Estas propostas súmanse a iniciativas xa en marcha como a serie de vídeos Carvalho em pessoa na que Portal Galego da Língua publicou en Youtube dezasete pezas con testemuños sobre o homenaxeado.