O CCG inaugura en Brasil a exposición Galicia imaxinada

É parte dunha viaxe institucional do CCG para reforzar lazos con Brasil

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

A cidade de Santos, en São Paulo, acollerá desde mañán a exposición "Galicia imaxinada", que amosa a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia no século XIX, a través das publicacións promovidas pola colectividade galega en América. A exposición, que se poderá ver na sala de mostras do Shopping Boqueirao, será inaugurada pola presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o presidente do Centro Español de Santos, Eduardo Alves. A inauguración é parte da viaxe institucional que realiza o CCG para "reforzar as relacións institucionais e os lazos coa colectividade galega no Brasil". Xunto coa xuntanza coa colectividade de Salvador, Rosario Álvarez reunirá en Santos ás institucións representativas dos emigrantes para abordar a "importancia da conservación, organización e tratamento dos seus documentos históricos".

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Rosario Álvarez, América, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Lugares