O CCG inaugura no Río de Janeiro a exposición Galicia imaxinada nas revistas de emigración

Poderase visitar no Instituto Cervantes ata o 29 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

O Instituto Cervantes do Río de Janeiro acolle ata o 29 de xuño a exposición "Galicia imaxinada nas revistas da emigración". A mostra permite visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX a través da análise de varias publicacións. Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, inaugurou a mostra no marco dunha viaxe institucional ao Brasil, na que tamén se realizou unha mesa redonda na Universidade Federal do Río de Janeiro organizada pola Academia Brasileira de Letras e na que participaron tamén Víctor Freixanes, presidente da Real Academia, e o secretario desa institución, Henrique Monteagudo.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Instituto Cervantes, Brasil, Rosario Álvarez, Henrique Monteagudo...