Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

Este sábado a asociación fará a entrega de galardóns e presentará o XVº Anuario de Estudos do Barbanza

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteLiteraturaMúsicaSociedade
Compartir:
Premio Barbantia

Premio Barbantia

O vindeiro sábado día 14 de decembro terá lugar na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro un acto coa que a Asociación Cultural Barbantia pon colofón a dúas das súas actividades. Nese momento farase a entrega dos Premios Barbantia da Cultura e presentarase o Anuario de Estudos do Barbanza 2019. Na que xa é a décima terceira edición dos Premios Barbantía da Cultura, outorgados pola asociación recoñecerase á escritora e xornalista Ana Romaní co Premio da Cultura Galega deste ano; o empresario e promotor Suso Santamaría, da Pousada da Galicia Imaxinaria recollerá o que recoñece a mellor iniciativa cultural da comarca e o pintor palmeirense Xoán Fernández será recoñecido co galardón á traxectoria cultural persoal máis salientable dentro da comarca. Os premios, así como o XVº volume do Anuario de Estudos do Barbanza, presentaranse nunha gala conducida por Esther Carrodeguas e á que acudirán a Presidenta do Consello da Cultura Galega, Dª Rosario Álvarez, o director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo Suárez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o alcalde de Boiro, José Ramón Romero García, alcaldes dos distintos concellos do Barbanza e personalidades do mundo da cultura.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Barbantia

Quiosco: Barbantia

O Anuario de Estudos do Barbanza chega á súa sétima entrega