Premios Barbantia para Rodrigo Romaní, Che Tembra e Barahunda

O vindeiro sábado entregaranse nunha gala onde tamén presentarán o Anuario de Estudos do Barbanza 2024

A AsocIación Barbantía ven de facer públicos os resultados das súas votacións polos que se conceden os seus honoríficos galardóns Premios Barbantia da Cultura. Tres son os premios, representados nunha escultura dun sereo, que reparte cada convocatoria a persoas ou institucións do Barbanza. O músico noiés Rodrígo Romaní recibirá o Premio da Cultura Galega, un galardón que recoñece a súa traxectoria como músico de prestixio a nivel internacional. Tamén será músicos ,o dúo musical Barahunda, de orixe madrileña pero afincados en Rianxo, os que acadan o recoñecemento á Iniciativa Cultural no Barbanza. O galardón á traxectoria Cultural na comarca do Barbanza servirá este ano para recoñecer a achega do artista Che Tembra, escultor do ferro. Será o vindeiro sábado, nunha gala na Casa da Cultura de Muros, onde se lles fará entrega de cadanseu premio ao tempo que a asociación presentará o Anuario de Estudos do Barbanza 2024 e unha publicación que recompila un volume que recompila os suplementos de todo o ano de A Voz de Barbantía, do xornal La Voz de Galicia.