Carlos Callón leva o Premio Barbantia de Cultura 2023

A Asociación Cultural recoñeceu tamén a José Luís Veiras Manteiga e ao Centro Arqueolóxico do Barbanza

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Carlos Callón leva o Premio Barbantia de Cultura 2023

A Asociación Cultural Barbantia deu a coñecer este 9 de decembro os fallos da XVII edición dos seus galardóns culturais. O escritor e filólogo Carlos Callón foi recoñecido co Premio da Cultura a nivel autonómico, mentres o recoñecemento a Traxectoria Cultural no Barbanza foi para o artista Xosé Luís Veiras Manteiga. O Centro Arqueolóxico do Barbanza, pola súa banda, recibiu o galardón á Iniciativa Cultural no Barbanza.

A Casa da Cultura de Lousame acollerá o vindeiro 16 de decembro o acto de entrega dos galardóns, nunha gala que se poderá seguir pola canle de Youtube da Asociación Barbantia a partir das 12.30 horas. No acto presentarase tamén o número 19 do Anuario de Estudos do Barbanza que edita este colectivo.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Carlos Callón, Barbantia, Casa da Cultura...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares